O Concello das Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade de incrementar a seguridade e a accesibilidade para veciñas, veciños e visitantes.
Esta actuación inclúe a reparación da cuneta existente, mediante a construción dun muro de contención para estabilizar o terreo e evitar desprendementos. Ademais, recuperarase a parte deteriorada do camiño e instalarase unha barreira de seguridade para garantir unha maior protección para peóns e vehículos.
“O noso compromiso coas infraestruturas é claro: queremos un Concello máis seguro e accesible para todas e todos, sempre respectando o noso entorno natural”, destacou o goberno municipal.
O proxecto, que se enmarca na liña de mellora continua das infraestruturas locais, busca mellorar a calidade de vida da cidadanía e fomentar un entorno máis seguro e sostible.