miércoles, enero 15, 2025
InicioNewsActualidadeO Porriño acolle unha exposición contra a trata con fins de explotación...

O Porriño acolle unha exposición contra a trata con fins de explotación sexual

A exposición ‘Chicas nuevas 24 horas‘, que pretende sensibilizar sobre a trata de nenas e mulleres con fins de explotación sexual, xa pode visitarse no Centro Cultural do Porriño, concretamente no primeiro andar en horario de mañá e de tarde.

A mostra, que conta co apoio da Xunta de Galicia, percorre os municipios galegos e institutos co fin de aproximar á cidadanía á denuncia sobre a compra e venta de mulleres e nenas para a súa explotación sexual.

A exposición está integrada por diferentes fotografías así como a proxección do documental ‘Chicas nuevas 24 horas’. Durante a mesma, dánse a coñecer testemuñas de mulleres e nenas de España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai, afectadas por esta lacra.

A proposta achega actividades complementarias de carácter social, didáctico e formativo, centradas en dous piares básicos que son a prevención e a concienciación. O obxectivo final é lograr a implicación da mocidade na erradicación deste negocio.

O programa está producido e guionizado por Mabel Lozano, cineasta comprometida co mundo da muller e os dereitos humanos, que abordou a denuncia da explotación sexual e a violencia contra a muller en longametraxes e curtas ao longo da súa filmografía. O seu traballo, ‘Biografía del cadaver de una mujer’ recibiu o premio Goya a mellor curtametraxe documental.

Simultaneamente, levaranse a cabo xornadas de traballo nos instituto así como unha aberta ao público no salón de plenos do Concello do Porriño o xoves 23 de xaneiro ás 18:30h.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS