lunes, enero 13, 2025
InicioNewsActualidadeO Club Natación Ponteareas acada o primeiro posto no Campionato Galego de...

O Club Natación Ponteareas acada o primeiro posto no Campionato Galego de Inverno

A piscina do Complexo Deportivo Municipal Álvaro Pino de Ponteareas vén de acoller a celebración do Campionato Galego Open de Inverno de natación, organizado polo Club Natación Ponteareas, e que bateu record de participantes con 462 deportistas inscritos pertencentes a 29 clubs de toda Galicia.

Tras dúas xornadas de competición, o Club Natación Ponteareas conseguir acadar a victoria na clasificación conxunta por equipos con 2085 puntos. Para acadar este triunfo, as nadadores do club local foron campionas en categoría feminina, sumando un total de 1260 puntos, e os nadadores da categoría masculina acadaron a segunda posición, e polo tanto, o subcampionato galego, colleitando 825 puntos.

No segundo lugar da clasificación conxunta, e subcampión, quedou o Club Deportivo Natación Cidade de Santiago, con 1846 puntos, e pechou o podio o Club Natación Vigo Rías Baixas, con 1222 puntos. En categoría feminina, o segundo clasificado foi o Club Deportivo Natación Cidade de Santiago con 659 puntos, e o terceiro foi o Club Natación Vigo Rías Baixas con 632 puntos. Do mesmo xeito, na categoría masculina, o Club Natación Cidade de Santiago foi o campión, con 1187 puntos, e o terceiro lugar foi para o Club Natación Coruña, que sumou un total de 627 puntos.

No capítulo de medallas acadáronse 42 medallas de ouro, 47 de prata e 35 de bronce. Porén, diversos nadadores do noso Club Natación Ponteareas acadaron récords galegos coma, Marcelino Jorge (+55), Gracia Suárez (+25), Francisco Araújo (+85) e a remuda feminina de categoría máis 80 anos na proba 4×50 estilos.

Ademais, debido a gran afluencia de deportistas e público acompañante foi preciso que dende a organización habilitaran o pavillón anexo para servizo de cantina, onde se dispuxo dunha pantalla xigante para poder seguir cómodamente a competición dende a mesma.

Dende o Club Natación Ponteareas «dánlle a noraboa a todos os e as deportistas e clubes, agradecen a súa participación no campionato e agardan a súa presenza en futuros eventos que se organicen».  

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS