lunes, enero 13, 2025
InicioNewsActualidadeIniciadas as accións para urxir a licitación das obras da N-120

Iniciadas as accións para urxir a licitación das obras da N-120

A Plataforma pola Defensa da Seguridade na N-120 e a Corporación do Concello de Ponteareas solicitan o apoio de toda a cidadanía para urxir ao Estado as obras de mellora da seguridade no tramo desta estrada en Ponteareas.

Con este motivo, a administración local e a Plataforma veñen de realizar un encontro informativo aberto a todos os veciños e veciñas no centro cultural de Xinzo co fin de deseñar as accións para urxir ao Estado a licitación das obras de mellora así como dar conta do estado do proceso, aínda pendente da aprobación definitiva na Dirección Xeral de Estradas tras concluír xa os dous procesos de exposición pública.

Ademais, Plataforma e Corporación solicitan a participación da cidadanía no pleno que se convocará para o vindeiro 17 de xaneiro cun único punto na orde do día, acadar un acordo municipal para esixir ao Ministerio de Transportes a licitación das obras da N-120.

Unha vez celebrado o pleno darase lectura ao manifesto e terá lugar a concentración que reclamará ao Estado «rematar coa perigosidade dun tramo que discorre por unha zona de alta densidade de poboación e tráfico denso no que conviven peóns e vehículos» indican dende a organización.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS