O municipio luso de Monçao acollerá os días 25 e 26 de xaneiro unhas xornadas gastronómicas co fin de ensalzar a súa tradición e riqueza gastronómica a través do prato de autor exclusivo da restauración local «Bacalhau à Monçao«, creado polo chef Vitor Sobral en 2023. O evento festexa este ano a súa terceira edición.
As xornadas gastronómicas están ademais, acompañadas por outras actividades ao longo da súa programación.
Sábado 25 de xaneiro
- 11:00h – Maridaxe de aperitivos «Bacalhau à Monçao» con viño Alvarinho de Monçao no Museo Alvarinho.
- 16:00h – Espectáculo itinerante A Chiclateira polas rúas do centro histórico da vila.
Domingo 26 de xaneiro
11:00h – Workshop «Bacalhau à Monçao» da man do cociñeiro Rui Ribeiro no Museo Alvarinho.
16:00h – Espectáculo Itinerante «Da Cruz One Man Band» polas rúas do centro histórico da vila.
Os restaurantes adheridos á programación «Bacalhau à Monçao 2025» son e nos que se pode degustar este prato baixo reserva previa son: A Cozinha do Convento, A Galicia Mail’O Minho, Cabral, Casa Lara, Chiote Monte da Mina, Deu-la-Deu, Firmino’s, Flor do Minho, Fonte da Vila, Lagoa Verde, O Calhau, O Rosal, Paladares do Minho, Recanto D’Avo, Solar S. Pedro, Vamos Lá y 7à 7.