martes, enero 14, 2025
InicioNewsActualidadeCaballero pide aos cargos do PSOE retirar o apoio a Besteiro por...

Caballero pide aos cargos do PSOE retirar o apoio a Besteiro por levar o partido á “irrelevancia política”

O que fora o líder dos socialistas en Galicia, Gonzalo Caballero, considera ao actual Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, «o responsable da irrelevancia política do Partido Socialista» polo que, avisa, «non podemos errar de novo no congreso que se celebrará no mes de marzo».

Refírese Caballero ao congreso que celebrarán os socialistas e as socialistas de Galicia no mes de marzo co obxectivo de escoller o seu novo líder. Así as cousas, todo apunta a que Gómez Besteiro será elexido como número un do PSdeG. Polo de agora, foi o único que confirmou a súa candidatura.

Neste contexto, Gonzalo Caballero realizou un chamamento aos principais cargos do partido para que rectifiquen o apoio a Gómez Besteiro, «toda vez que o tándem Besteiro-Formoso deixou ao PsdeG nos peores resultados da historia».

De feito, Gonzalo Caballero apunta que «erraron os baróns e erraron os referentes das deputacións socialistas». Sinala tamén que «Ferraz tamén errou» ao apostar por Besteiro hai un ano.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS