viernes, enero 10, 2025
InicioNewsO Goberno central protexerá a Illa de San Simón como “Lugar da...

O Goberno central protexerá a Illa de San Simón como “Lugar da Memoria Democrática”

O Goberno central atendeu a petición dos colectivos memorialistas e do Concello de Redondela para protexer un dos lugares relacionados coa ditadura franquista máis emblemáticos de Galicia: a illa de San Simón, onde houbo un campo de concentración entre 1936 e 1943. Así o vén de informar o Concello de Redondela nun comuniado no que apuntan, de igual xeito, que «a partir do mes de agosto a illa será, xunto co Pazo de Meirás, Lugar da Memoria Democrática”.

A adminsitración local explica que «trátase dunha figura incluída na Lei de Memoria Democrática que implica dotar a estes espazos dunha función conmemorativa, de homenaxe, didáctica e reparadora”, ademais de establecer “un réxime de protección e usos compatibles”. 

Desde o Concello de Redondela a alcaldesa, Digna Rivas, amosou a súa “gran satisfacción” por este recoñecemento «a un dos lugares da represión franquista máis emblemáticos de Galicia» e agradeceu “a gran labora da Iniciativa Galega pola Memoria”. Os colectivos memorialistas pediran ao Estado o pasado mes de xullo esta protección para a illa de San Simón “ante a desidia da Xunta de Galicia, que desentende a protección da illa e calquera actividade relacionada coa memoria histórica”. O goberno de Rivas demandou tamén ao Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática o pasado mes de decembro esta declaración para  illa de San Simón, despois de reunirse con representantes da Iniciativa Galega pola Memoria. 

O acto oficial de declaración será en agosto, segundo recolle o programa “España en liberdade. 50 anos” que presentou esta semana o presidente Pedro Sánchez. A rexedora local ofreceuse tamén para que o Concello de Redondela, como institución, poida colaborar e participar nos actos que se celebren ao redor deste recoñecemento .

Recuperación da Fundación Illa de San Simón

Rivas lembra que desde o Concello reclamouse á Xunta de Galicia o pasado mes de outubro «a recuperación da Fundación Illa de San Simón para xestionar os usos deste espazo e velar pola memoria histórica». O Concello de Redondela reitera esta petición, da que aínda non obtivo resposta, «e que ten máis sentido ca nunca, unha vez o Goberno Central declarou a illa como Lugar de Memoria Democrática”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS