A empresa encargada do alumeado do Nadal en Vigo, Ximénez, indica que o incendio que se produciu en varios dos decorados que locían na cidade olívica ten que ver «cun acto vandálico«. Segundo explican a Si Radio, «trátase dun acto vandálico». Por este motivo, a empresa presentou unha denuncia.
Que ocorreu?
O 7 de xaneiro saltou aos medios de comunicación a noticia sobre que varios elementos decorativos da cidade de Vigo tiveron que ser precintados debidos a un conato de incendio. Estos elementos atopábanse en pleno centro, na rúa Elduayen.
Nese momento, apuntouse a un cortocircuito como posible causa do incendio. Con todo, fontes da empresa aseguran que se tratou dun incendio provocado polo que presentaron unha denuncia diante deste feito.