O R.C Celta vén de notificar que o partido contra o Athletic Club previsto para o sábado 18 de xaneiro ás 18:30 horas sofre un cambio de data e, finalmente, será disputado o domingo 19 de xaneiro ás 14:00 horas.
O cambio, segundo informan dende o propio club, vén orixinado por unha decisión de La Liga. Do mesmo xeito, outros partidos da xornada 20 modifican tamén as súas datas de celebración, como é o caso do Girona-Sevilla, Real Betis – Alavés, Osasuna – Rayo e Valencia – Real Sociedad.
MODIFICACIÓN | Cambian los siguientes horario de la jornada 20 de #LALIGAEASPORTS:
— LALIGA (@LaLiga) January 9, 2025
📌 El #GironaSevillaFC se disputará el sábado 18 de enero a las 14h.
📌 El #RealBetisAlavés se disputará el sábado 18 de enero a las 18.30h.
📌 El #CeltaAthletic se disputará el domingo 19 de… pic.twitter.com/M5uNCxv7xH
Así mesmo, o club informa que as entradas adquiridas seguen sendo válidas para o novo horario e non é preciso realizar ningunha xestión adicional.