jueves, enero 9, 2025
InicioNewsConcellos +O Porriño reunirá a 16 agrupacións no seu tradicional Certame de Rondallas

O Porriño reunirá a 16 agrupacións no seu tradicional Certame de Rondallas

Este domingo 12 de xaneiro O Porriño poñerá o seu tradicional broche de ouro ao Nadal co Certame de Rondallas. Miles de rondalleiras e rondalleiros sairán á pista do pavillón municipal de deportes para deleitar ao público nun evento que sempre completa aforo.

As normas serán as de sempre. Cada agrupación disporá dun máximo de 12 minutos para realizar a súa actuación. O tempo computarase desde o momento no que comecen a interpretar a primeira peza e finalizará unha vez que o último compoñente abandone a pista.

No evento participarán a Rondalla do CSCR de Beade (Vigo), a Rondalla Airiños da Lagoa (Baiona), a Rondalla da Asoc. Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo), a Rondalla da Asoc. Veciñal, Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns (Vigo) , a Rondalla do Centro Culutral A Merced de Chaín (Gondomar), a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro (Tui), a Rondalla da SCDR Helios de Bembrive (Vigo), a Rondalla da Asoc. Cultural, Social e Veciñal de Herville (Mos), a Rondalla da Asoc. Centro Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), a Rondalla da Asoc. de Veciños do Galiñeiro de Vincios (Gondomar), a Rondalla Santiago de Parada (Mos) e as anfitrionas, a Rondalla Santa María do Porriño, a Rondalla da Santa Eulalia de Atios e a Rondalla da AC de Pontellas.

O certame dará comezo ás 17:30 h e estará precedido dun pasarrúas das agrupacións polo centro urbano, sempre que a climatoloxía o permita. As agrupación sairán ás 17 h simultáneamente do Centro Cívico, San Benito, praza Central e Avda. de Galicia.

Como cada ano, a entrada é libre e de balde ata completar aforo e as portas abrirán ás 17 h.

O evento será retransmitido en directo nas redes sociais do Concello do Porriño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS