O Concello do Porriño vén de realizar a presentación do Décimo de Lotería Nacional no que figurará a imaxe do arquitecto porriñés Antonio Palacios así como da casa consistorial do Porriño.
A tirada deste Décimo de Lotería entrará en circulación para o sorteo do próximo xoves 30 de xaneiro tras a concesión e aprobación por parte da ‘Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre‘ e ‘Lotería Nacional‘.
O acto de presentación, realizado este mércores 8 de xaneiro no Concello do Porriño, contou coa participación do alcalde do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo Alonso e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos.
Neste contexto, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quixo «agradecer durante a presentación a todas aquelas persoas e entidades que fixeron posible este importante logro para o Concello, para que así Antonio Palacios siga tendo a relevancia que merece»
Pola súa banda, José López Campos, felicitou ao actual alcade, «por recoller e eloxiar a figura de Antonio Palacios e realizar diferentes actos na súa honra para poder realzar a súa imaxe e que así percorra todos os recunchos de España».