miércoles, enero 8, 2025
InicioNewsVigo despide o Nadal o domingo 12 de xaneiro ás 19:00 horas

Vigo despide o Nadal o domingo 12 de xaneiro ás 19:00 horas

O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, vén de anunciar que o próximo 12 de xaneiro chegará o fin do Nadal á cidade olívica. Segundo explicou o rexedor, o sector hostaleiro, hoteleiro e comercial da cidade solicitou que se prorrogue “durante toda a semana” o Nadal da cidade, engadindo o rexedor que xa estaba dentro do planificado.

“Isto significará que o Nadal de Vigo durará case dous meses, de alegría e bo funcionamento”, sinalou, para explicar que “estamos asistindo ao máis importante Nadal que tivo nunca a historia da cidade”. Caballero apunta que “xa é posible constatar que Vigo se fortalece como líder do Nadal en toda Europa”.

Cabalgata de Reis

As condicións meteorolóxicas provocaron que este ano a cabalgata dos Reis Magos se trasladase ao IFEVI, tendo un resultado “especialmente bo”. O primeiro edil explica que tivo “moitísimas felicitacións da xente que acudiu” ao recinto a ver as carrozas e saudar ás Súas Maxestades e que puido ver a “alegría” dos máis pequenos. O IFEVI acolleu a máis de 36.000 persoas durante a xornada do pasado domingo, 5 de xaneiro, en horario de mañá e de tarde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS