miércoles, enero 8, 2025
InicioNewsComarcasÚltima oportunidade para desfrutar do xogo de escapismo no Castelo de Soutomaior

Última oportunidade para desfrutar do xogo de escapismo no Castelo de Soutomaior

O xogo de escapismo posto en marcha pola Deputación de Pontevedra este Nadal no Castelo de Soutomaior botará o peche a próxima semana, coas últimas quendas previstas para o sábado 11 e o domingo 12 de xaneiro.

A actividade, pensada para toda a familia, lévanos de volta ao século XV, co comezo do asalto ao Castelo de Soutomaior e coas revoltas Irmandiñas a piques de entrar. Os participantes terán só 60 minutos para evitalo e, para facelo, terán que demostrar as súas habilidades de resolución de enigmas mentres exploran os recunchos máis segredos do castelo.

Haberá un total de oito pases, cada un dos dous días ás 11:00, ás 12:00, ás 17:00 e ás 18:00 horas, e as entradas pódense conseguir ao prezo de 8 euros no portal de venda de entradas do Castelo de Soutomaior. A idade mínima para participar son 8 anos. Ata os 14 anos, os participantes deberán ir acompañados dunha persoa adulta. A actividade realízase no interior do castelo e a entrada inclúe a visita ao mesmo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS