A gravidade das queimaduras que sufriu a veciña de Mos, que foi agradedida polo seu fillo durante a Noite de Reis, obrigaron a trasladala á unidade especializada do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. No Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, os médicos e as médicas lle realizaron os primeros coidados tras o suceso.
Os feitos ocorreron na Noite de Reis sobre as 22:00 horas. Supostamente, o fillo da muller atacouna no seu domicilio da parroquia de Tameiga, en Mos. Durante a agresión, a muller sufriu queimaduras provocadas por un líquido e tamén lesións por cortes.
Os axentes da Garda Civil conseguiron deter ao home, que padece unha enfermidade de saúde mental, logo de que intentara fuxir por unha ventá. Arestora, permanece na unidade de psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.