miércoles, enero 8, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas celebra esta fin de semana o Campionato Galego de Natación Máster...

Ponteareas celebra esta fin de semana o Campionato Galego de Natación Máster de Inverno

A vicepresidenta primeira e responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Concello de Ponteareas no acto de presentación do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno, que acollerá o Complexo Deportivo Álvaro Pino esta fin de semana. No acto, no que tamén estivo presente a alcaldesa da vila do Corpus e deputada provincial, Nava Castro; o concelleiro de Deportes, Luis Rodríguez;  presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, e o presidente e director técnico do CN Ponteareas, Andrés Carrera, a vicepresidenta amosou o orgullo de que  Ponteareas volva acoller “unha proba deportiva que é xa unha cita tradicional no calendario galego de competición e que nos mostra, unha vez máis, a importancia que o deporte ten para a nosa provincia”.

 Sánchez aproveitou a ocasión para felicitar ao Club de Natación de Ponteareas pola súa “longa traxectoria poñendo en marcha probas de éxito” como este Campionato, no que participarán preto de 500 nadadores e nadadoras de máis de 30 clubs de toda a xeografía galega, unha cifra récord nesta competición. Tamén remarcou o compromiso da Deputación de Pontevedra co deporte, “un dos piares da sociedade e unha das grandes prioridades do noso goberno” e lembrou que a institución provincial mobilizará este ano “a maior cantidade de recursos que xamais recibiu o deporte desta provincia, cuns orzamentos que se incrementan ata o 15% neste área”. “Queremos que Pontevedra e deporte sexan un binomio irrompible ata converternos no maior escaparate mundial do deporte”, asegurou a vicepresidenta provincial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS