miércoles, enero 8, 2025
InicioNewsActualidadeO programa 'Voando nas Rías Baixas' volve con sete rutas ornitolóxicas

O programa ‘Voando nas Rías Baixas’ volve con sete rutas ornitolóxicas

A Deputación de Pontevedra vén de anunciar unha nova edición do programa ‘Voando nas Rías Baixas‘ que realiza en colaboración coa asociación SEO/BirdLife e que ten como obxectivo sensibilizar a poboación sobre os recursos culturais e naturais da provincia de Ponvededra así como a importancia de conservar o medio natural.

Deste xeito, durante o ano 2025 serán un total de sete rutas ornitolóxicas as encargadas de descubrir os rincóns da provincia de Pontevedra. Incorpórase como novidade a ruta da costa sur da Ría de Arousa, e volven os percorridos das Brañas de Xestoso e o Esteiro do río Miño, que non se realizaron na edición de 2024 pero si en programas anteriores.

O calendario de actividades de ‘Voando nas Rías Baixas’ dará comezo o próximo 2 de febreiro en Nigrán, na foz da Ramallosa e Praia América. As inscricións abrirán o luns 20 de xaneiro. A continuación, o calendario será o seguinte:

  • 9 de marzo: ruta da costa sur da Ría de Arousa (Cambados e Vilanova de Arousa)
  • 25 de maio: Brañas de Xestoso (Silleda e Forcarei)
  • 22 de xuño: a ruta da praia da Lanzada (O Grove e Sanxenxo)
  • 28 de setembro: ruta dos campos e lagoas de Rouxique (Sanxenxo)
  • 9 de novembro: ruta do esteiro do río Lérez e a Intermareal Combarro – Lourido (Poio e Pontevedra)
  • 14 de decembro: ruta da enseada de San Simón (Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa)

Así, para cada actividade ofértanse 25 prazas e a persoa solicitante poderá inscribirse xunto con tres acompañantes máis. O percorrido será dixirido por dúas guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife e inclúe autobús tanto para o desprazamento como para a visita da zona na que ten lugar a actividade.

Cada persoa terá á súa disposición unha guía de aves, prismáticos para observar aves e dous telescopios terrestres de alta gama. Recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS