A parroquia de Cabeiras, en Arbo, vén de rexistrar un incendio forestal. Con todo, segundo puido saber Si Radio de Galicia, a superficie afectada non chega a unha hectárea. Ata o lugar, desprazáronse un axente, unha brigada, unha motobomba e efectivos do GES de Ponteareas.
O lume comezou sobre as 16:41 horas, segundo apuntan desde Medio Rural, e quedou estabilizado en torno as 17:41 horas. Desde a Xunta de Galicia, indican que se tratou dun conato de incendio e que, polo de agora, non constan as causas do incendio.