Os Reis Magos visitarán o municipio de Ponteareas antes do previsto. E é que, segundo puido saber Si Radio, o Concello decidiu convocar ás maxestades para este sábado 4 de maio a partir das 18:30 horas diante das previsións de chuvia que emite Meteogalicia para o domingo día 5 de xaneiro.
Deste xeito, as carrozas sairán desde a rúa Rosalía de Castro, Concha Brey, Constitución, Praza Bugallal, Oriente e Praza Maior para logo continuar por República Arxentina, Reveriano Soutullo ata chegar ao Concello, rúa da Consitutción e rematar no auditorio municipal. Será alí onde Gaspar, Melchor e Baltasar reciban aos nenos e as nenas.