Con motivo das Festas de San Blas de Budiño, nace no municipio do Porriño un novo festival de música. Así o fixo constar a organización na tarde de onte a través das súas redes sociais.
O festival, denominado ‘Son do Faro‘ terá lugar o sábado 1 de febreiro de 2025, data na que se realizarán as Festas de San Blas. O lugar elexido para a súa celebración é o entorno da Forna, na parroquia porriñesa de Budiño.
A entrada será libre e gratuíta, e aínda están por confirmar os artistas convidados. Dende a organización aseguran que esta será «a mellor forma de comezar o ano, con boa festa e boa música».
Ademais, o evento está organizado pola productora Leitmotiv, xestores doutros eventos realizados na zona como o Negrita Festival, o Reggueton Beach Festival Galicia ou O Son do Tea.