A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, voluntarios de Mos Axuda e representantes do Belén Solidario do Pazo de Mos, fixeron hoxe balance da campaña solidaria navideña da Asociación Mos Axuda, informando de que se recolleron e repartiron durante a mesma preto de 4.000 quilos (4 toneladas) de alimentos. Para elo contouse coa colaboración de centros educativos, asociacións, clubes deportivos, e empresas.
A campaña de Nadal promove a recollida de alimentos en supermercados de Mos, colexios, asociacións, empresas, etc. Habitualmente colaboran nesta campaña tanto particulares como empresas mosenses e a entrega faise no mes de decembro con productos navideños con motivo das Festas do Nadal.
A iniciativa é levada a cabo por voluntarios e voluntarias de Mos Axuda nos supermercados Eroski, Gadis, Mercadona e Alcampo de Mos, entre outras localizacións como a Biblioteca Municipal María Magdalena ou o Belén da Fundación Pazo de Mos. As doazóns das persoas interesadas en colaborar con esta campaña son vitais para brindar apoio ás familias máis vulnerables do municipio e así facerlles o Nadal máis especial a aquelas e aqueles que máis o precisan.
O Concello de Mos a través de Mos Axuda e grazas ás aportacións de Cruz Vermella, veciñanza, empresariado e tecido asociativo, vén repartindo nos últimos anos unha media anual de 40 toneladas de alimentos.
A rexedora local mosense e a edil Sara Cebreiro quixeron agradecer neste senso “non só as aportacións materiais de particulares e entidades, senón tamén o arduo labor das persoas voluntarias de Mos Axuda que, co seu tempo e traballo, contribúen a facilitarlle a vida aos mosenses que máis o necesitan”. “A todos darlles as grazas pola súa entrega desinteresada por e para axudar aos demais”, destacaron as representantes municipais.
Así, un ano máis, Mos Axuda no Nadal logra que ningunha familia nin cativo mosenses perdan a ilusión navideña. A campaña solidaria municipal Mos Axuda no Nadal recolle produtos comestibles para 70 familias mosenses e regalos para os 45 cativos destas familias beneficiarias. Os xoguetes entréganse o 5 de xaneiro nun acto cos Reis Magos.
‘Ningún neno e nena sen agasallo’
A campaña Mos Axuda no Nadal inclúe, desde fai anos, o proxecto ‘Ningún nenx sen agasallo’. Esta iniciativa solidaria está promovida polo Concello de Mosen colaboración coaAsociación de Empresarios de Mos, AEMOS, e EVD Galicia, para que ningún desexo dun neno/a durante o Nadal quede sen facerse realidade. Os agasallos da campaña ningún neno sin xoguete, este ano son unha realidade grazas ao proxecto MAGOS E ESTRELAS DE EVD Galicia.
O listado de nenos/as é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais, polo que para mercar o regalo os colaboradores participantes reciben unha carta escrita polo neno/a beneficiario pero sen asinar, só identificada cun número de referencia. E o agasallo que pide na devandita carta debe ser depositado indicando no paquete o número da carta asignada.