O Municipio de Monçao realiza esta fin de semana unha feira de oportunidades destinada a apoiar e dinamizar o comercio local, a través da promoción e venta de produtos e servizos a prezos baixos.
O mercado, denominado Stock in Style’, estará instalado na Praza Deu-la-Deu do 3 ao 6 de xaneiro de 2025 en horario ininterrumpido de 11:00h a 20:00h.
«As persoas que se acheguen a visitar este mercado poderán atopar artigos variados de vestimenta, calzado, accesorios de moda e decoración con descontos a partir do 50%» informan dende a Cámara Municipal.
Os comerciantes locais que participan nesta iniciativa son: Casa Eliana, Casa Eliana Decoraçao, Chic and Basic, Josephine, Poliopticas, Sweet Style by Mariana Pereira e Tendências.
A organización asegura que «será unha oportunidade excelente para descrubrir descontos increíbles».