Venres 3 de xaneiro
Salvaterra de Miño convértese nunha sala de cine coa proxección da película «La Navidad en sus manos».
A sesión de cine terá lugar na Casa Cultural de Salvaterra ás 17:30h con entrada de balde.
O Tren de Nadal percorrerá as parroquias de Ponteareas durante toda a xornada deste venres, sábado e domingo.
Podes consultar os horarios na seguinte imaxe.
Os Reis Magos percorrerán tamén as parroquias de Ponteareas a bordo da súa cabalgata.
Podes consultar os horarios na seguinte imaxe.
O Porriño acollerá o festival «Pequefest» con inchables e animación de balde.
O evento terá lugar no Pavillón Municipal de 11:30h a 19:00h durante os días 2, 3 e 4 de xaneiro.
A obra «Os tres porquiños» chega a Mondariz Balneario da man da compañía ‘Migallas Teatro’.
Ás 19:00h na Sala da Cultura.
A Praza do Seixo en Tomiño será a encargada de acoller unha zona de inchables para a cativada. A entrada é de balde.
O evento terá lugar venres 3 e o sábado 4 de 16:00h a 20:00h.
Sábado 4 de xaneiro
O Rancho de Reis da Feira actuará polos barrios da Feira, en Salceda de Caselas.
A saída está prevista para as 11:00h dende a Fonte da Pedra.
O Mago Teto presentará o seu show Rock ‘n’ Magic no Auditorio Municipal de Arbo a partir das 18:00h.
Un espectáculo que mestura a música coa maxia para o desfrute de grandes e pequenos. A entrada é de balde.
Ponteareas acollerá o Campionato Galego de Ciclocross no entorno da Freixa.
O evento dará comezo ás 10:00h e a entrada para o público é de balde.
Tamén en Ponteareas, terá lugar a IX Quedada de Xogos de Mesa.
A cita dará comezo ás 16:30h na Nave de Aceros del Tea.
A Casa Cultural de Salvaterra acollerá un concerto de saxo e piano titulado «Sinfonía de Estilos» que estará interpretado por Miguel Bargiela e Carmen Bargiela.
O concerto dará comezo ás 20:00h con entrada de balde.
Domingo 5 de xaneiro
Durante a tarde do domingo, os Reis Magos de Oriente achegaránse a practicamente todos os municipios da provincia de Pontevedra para repartir agasallos, caramelos e moita ilusión a pequenos e pequenas dende a súa cabalgata.
A noite deste domingo 5 de xaneiro será unha das máis máxicas do ano e a encargada de pór fin á tempada do Nadal.