O entorno recreativo da Freixa, en Ponteareas, acollerá este sábado día 4 de xaneiro o Campionato de Galicia de Ciclocross 2025 organizado polo Club Ciclista de Ponteareas.
A proba contará cunha carreira inclusiva e as categorías participantes serán infantís, cadetes, junior, élite Sub 23 e Master 30, 40, 50 e 60 masculino e feminino. O evento dará comezo ás 10:00h da mañá.
As inscricións están abertas ata ás 23:59h do día 2 de xaneiro de 2025 e poden realizarse a través da seguinte ligazón.