O Concello do Porriño vén de inaugurar o ‘Pequefest‘, o festival de inchables e animación que organiza o Concello dentro da súa programación de Nadal.
O evento terá lugar os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario ininterrumpido de 11:30h a 19:00h.
Os inchábles atópanse nas instalacións do Pavillón Municipal, concretamente na Pista 2. Ademais, a entrada é de balde ata completar aforo.
Para facilitar a chegada ata o Pavillón, sen empregar o coche, o Tren do Nadal fai parada tanto no pavillón como na praza do Concello, proporcionando deste xeito o transporte a todos aqueles que queiran achegarse.
Dende o goberno local, animan a «asistir a este festival onde os máis pequenos terán a oportunidade de gozar dun evento cheo de inchables, animación e no que ademais haberá moitas sorpresas«.