O actual presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, impartirá unha charla-coloquio o próximo venres 10 de xaneiro no auditorio do Centro Cultural de Xinzo, en Ponteareas. Alí, o escritor e xornalista repasará as vivencias de «O Fresco», un vigués socialista que tivo que escapar da represión franquista e que estivo agochado nos montes de Ponteareas.
Esta actividade está organizada pola asociación Xe Patrimonial e terá lugar a partir das 19:00 horas. Ademais, Alberte Reboreda será o encargado de dirixir o evento.
De feito, Freixanes é o autor do libro «O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936». Nos micrófonos de Si Radio explica cal é a relevancia deste persoeiro: