sábado, enero 4, 2025
InicioNewsA terraO 2025 comeza cun terremoto de magnitude 2,2 con epicentro no Concello...

O 2025 comeza cun terremoto de magnitude 2,2 con epicentro no Concello de Covelo

Un terremoto de magnitude 2,2 mbLg sacude o Concello do Covelo, na provincia de Pontevedra na pasada tarde do 1 de xaneiro.

O movemento sísmico tivo lugar ás 16:20h da tarde, segundo informa o Instituto Geográfico Nacional e está catalogado como categoría naranxa. Ademais, a súa profundidade foi de 16 quilómetros.

Do mesmo xeito, este non foi o único movemento sísmico que afectou á provincia de Pontevedra neste 2025. Na madrugada deste xoves 2 de xaneiro puidéronse sentir dous terremotos máis.

O primeiro deles tivo o seu epicentro en Forcarei, en torno ás 2:23h da madrugada, cunha magnitude de 1,7 mbLg e 6 quilómetros de profundidade.

O último movemento sísmico tivo lugar en Silleda ás 5:39h da madrugada, cunha magnitude de 1,7 mbLg e 0 quilómetros de profundidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS