A X edición do festival ‘Ouren Sound Fest‘ chega a Pereiro de Aguiar os días 22, 23, 24 e 25 de maio de 2025. O evento contará con diferentes artistas como son Dani Fernández, Siloé, Sexy Zebras, Viva Suecia, Xoel López, Gaudí Galego, Gargantua, Carlos Cresmo & Kris K Djs, Ultraligera, Neverland Bari, Hoonine e La Duendeneta.
As entradas xa están á venda e poden mercarse a través da páxina web oficial do festival a un prezo dende 59 euros máis gastos de xestión. O prezo das entradas é para os días 23 e 24, xa que os días 22 e 25 a entrada é aberta ao público.
O festival conta tamén cunha zona de acampada a un prezo de 10 euros máis gastos de xestión, así como unha zona habilitada para campers a un prezo de 24,20 euros máis gastos de xestión.
Durante os días de realización do evento, haberá un mercadiño con postos de artesáns, música, asociacións culturais, moda, complementos, comercio xusto, artistas gráficos, xoias , libros ou anitigüedades. O mercadiño estará instalado no C. Deportivo de Monterrei, preto tanto da zona de concertos como de acampada.