Coa chegada do novo ano, as tarifas das peaxes da AP-9 vénse aumentadas nun 5,34% de media. O Minsterio de Transportes afirma que tanto os usuarios frecuentes como os transportistas aumentan as súas bonificacións.
A suba non é uniforme, xa que cada treito ten un custe por quilómetro e unha suba diferente. Os novos prezos quedarían distribuídos da seguinte forma:
- Ferrol – A Coruña: 5,90€
- A Coruña – Santiago de Compostela: 8,40€
- Santiago de Compostela – Pontevedra: 7,20€
- Pontevedra – Vigo: 4,85€
Deste xeito, realizar o traxecto completo de Ferrol a Tui terá un custe de 26,85 euros fronte aos 5,50 euros no ano 2024. De igual forma, ir dende A Coruña a Vigo son 20,45 euros, o que incrementa o seu prezo en algo máis dun euro por traxecto fronte ao ano anterior.
Segundo informa o Ministerio de Transportes, o incremento responde ao crecemento do índice de prezos ao consumo, tal e como contempla a Lei, así como ás medidas extraordinarias e temporais aprobadas a finais de 2022 para limitar a alza das peaxes ao 4% en 2023.
Ademais, tamén aumentaron as tarifas na AP-53 nun 3,89% onde os transportitas e condutores frecuentes poderán facer uso das mesmas bonificacións que na Autoestrada do Atlántico.
Pola contra, Portugal pon fin ás peaxes na A-28
O país veciño, pola contra, retira as peaxes nalgunhas das súas autoestradas, entre elas a A-28 que conecta con Galicia, unindo O Porto e Caminha. Tamén porá fin ás peaxes na A-22 entre o Algarve e Huelva e á A-25 entre Beira Litoral e Alta ata Salamanca.
O Parlamento portugués aprobou esta medida no pasado mes de maio e aplícase a algunhas das antigas autoestradas sen custo para os usuarios (SCUT) que tiña o páis.