Máis de mil persoas pasaron no mes de decembro pola Oficina Municipal de Turismo de Turismo. Unha cifra que supera os datos rexistrados en 2023, e que confirman a consolidación da desestacionalización do turismo na cidade ao longo de 2024. Os e as turistas nacionais son os que fixeron a meirande parte das consultas no último mes de ano.
Así en concreto foron 1.084 as persoas atendidas neste punto de información turística en decembro de 2024, o que supón un incremento con respecto ás 757 rexistradas no mesmo mes de 2023. As persoas que visitaban a cidade foron as máis numerosas con 1.046 consultas, das que 928 foron de turistas nacionais e 118 de internacionais.
Pontevedra, Madrid, Salamanca, A Coruña, Valladolid e Asturias foron os principais punto de orixe do turismo nacional, mentres que Portugal, Francia e Nicaragua fórono no internacional.
Mentres a presenza de peregrinos foi moito menor en decembro cun total de 38 consultas. Neste caso as máis numerosas foron as persoas estranxeiras, principalmente de EEUU, Portugal, Taiwan e Reino Unido que estaban a realizar o Camiño e pasaron polo Oficina Municipal de Turismo con 27 consultas, e 11 de peregrinos e peregrinas nacionais de Alacante, Cádiz, As Palmas ou Pontevedra.
A concelleira de Turismo de Tui, Ana Núñez, valora moi positivamente estes datos cos que se pecha o ano 2024, marcado pola tendencia a alza no turismo local, e que reflicten os froitos do traballo que se está a realizar neste ámbito reforzando a oferta turística tudenses ao longo de todo o ano.