As nais e os pais do alumnado dos colexios de Ponteareas dixeron «basta». Denuncian que non contan cos profesores terapéuticos e de apoio para os nenos e as nenas que teñen necesidades especiais. De feito, no último pleno municipal tomaron a palabra para reclamar ao goberno municipal, do Partido Popular, Acip e Independentes de Ponteareas, que interceda ante a Xunta de Galicia para que dote do persoal necesario as aulas do municipio.
Podes escoitar aquí a entrevista completa con Noelia Domínguez e Rocío González, nais de nenos con necesidades especiais: