jueves, enero 2, 2025
InicioNewsActualidadeA subasta un hotel en Mondariz por valor de 2,7 millóns

A subasta un hotel en Mondariz por valor de 2,7 millóns

O xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas vén de emitir un edicto no que se anuncia a subasta dun hotel ubicado en Mondariz Balneario, concretamente a Residencia Cemar Balneario, por valor de 2.777.219 euros.

A puxa deriva dun procedemento de execución hipotecaria aberto hai preto dunha década, concretamente no ano 2015, a instancia da entidade bancaria BBVA contra un empresario e a Residencia Cemar Balneario S.A.

A reclamación que deu lugar a este proceso xudicial está cifrada en 429.338 euros de principal e outros 128.801 euros de intereses e cotas, segundo fai constar a resolución xudicial.

O edicto describe que a residencia-hotel, ubicada no quilómetro 7 da estrada Ponteareas-Mondariz na zona de a Pedrosa, ten unha superficie total construida de 1776 metros cadrados que consta de semisótano, planta baixa e planta piso.

En total, segundo a información que aporta o documento xudicial, o edificio dispón de 36 habitacións, 32 aseos e 4 baños, así como zona de comedores. Ademais, contando co terreo exterior e a propia edificación, a finca adquire unha supercifie total de 15.700 metros cadrados.

Unha vez activada a subasta, haberá un prazo de 20 días naturais para presentar ofertas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS