jueves, abril 3, 2025
InicioComarcasBaixo MiñoTui dará a benvida ao 2025 coa orquesta Kubo

Tui dará a benvida ao 2025 coa orquesta Kubo

A programación de Nadal continúa a encher de maxia Tui con diferentes propostas nos próximos días. O Teatro Municipal de Tui acollerá hoxe, venres 27 de decembro, o concerto de Nadal da Banda de Música Popular de Tui. Ademais, mañá será o turno das tres corais tudenses, Centro Sociocomuntiario, Ponte das Febres e San Telmo. As entradas para estes eventos musicais están á venda en tui.gal.

Para dar a benvida ao 2025 a orquestra Kubo actuará á unha madrugada do mércores 1 de xaneiro no Espazo Feira, na Avenida da Concordia. No recinto, cuberto con carpa, a orquestra ofrecerá un espectáculo musical e festivo para comezar o ano.

Por outra parte, onte á tarde comezou a terceira e derradeira quenda do Mercado do Nadal con vinte postos que enchen de creatividade, artesanía, produtos de Nadal, e gastronomía o céntrico Paseo da Corredoira. O seu horario hoxe e o domingo é 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, mentres que o sábado o seu horario prolongarase até ás 22.00 horas.

A maxia continúa tamén no edificio da praza da Inmaculada co Taller Máxico de Papa Noel que abre de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Así mesmo, este sábado 28 de decembro e o venres 2 e sábado 3 contará coa presenza dos paxes reais.

Ademais, ata o 5 de xaneiro pódese aparcar no recinto do IES San Paio de forma gratuíta en horario de 10.00 a 22.00 horas. Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración do IES San Paio que posibilita que se habilite este zona de aparcamento en pleno centro urbano.

O deporte tamén será protagonista

O deporte tamén está presente nesta programación coa III San Silvestre Tudense Solidaria que se celebrará o martes, 31 de decembro, dende ás 10.30 horas cun percorrido urbano de catro quilómetros que poderá realizar correndo, andando ou en marcha nórdica. A proba bate récord de participación xa que a tres días de que peche a inscrición están xa anotadas 1200 persoas. Na páxina web do club Atletismo Tui pódese cubrir o formulario de inscrición até ás 22.00 horas deste domingo, 29 de decembro. A proba é solidaria coa Asociación Española contra co Cancro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS