Este fin de semana, os veciños e as veciñas das comarcas poden desfrutar de actividades variadas e lúdicas para pechar o ano en familia. Así os máis cativos e cativas igual que os maiores da casa poden divertirse practicando deporte, con actividades de ocio como festas, concertos e contacontos entre outros plans.
Venres 27 de decembro
No concello da Cañiza, dende o 26 ao 28 de decembro, os pequenos e pequenas da casa desfrutarán dun Parque de Atraccións Infantil. O seu horario é de 11:30 h a 14:00 h e de tarde de 16:00 h a 19:30 h. Coa compra nun establecemento local a entrada é de 1 euro. O prezo sen desconto é de 3 euros por atracción.
No concello de Ponteareas, haberá, por primeira vez, unha festa de Pre Fin de ano que dá a benvida o 2025. A festa comezará ás 21:00 horas este venres 27 e actuará a orquesta Kubo na Praza Maior. Ás 18:00 horas, os máis cativos e cativas poderán desfrutar dunha festa infantil na Praza Bugallal. A entrada é gratuíta.
Xa pola tarde, ás 17:00 horas, poderán participar nun obradoiro de maquillaxe, nas Naves de Aceros del Tea, en Ponteareas.
O Concello de Mos organiza este venres 27 de decembro a Festa do Deporte 2024 a partir das 20:00 horas no Multiusos das Pozas. Alí, poranse en valor o labor de 40 clubes deportivos do municipio e de máis de 30 deportistas individuais.
Neste mesmo día, o Concello de Salceda de Caselas celebra a XII San Silvestre 2024 ás 21:30. Os corredores e as corredoras sairán dende a Praza do Concello. As persoas que desexen participar deberán entregar alimentos non perecedoiros ou productos de hixiene.
No Concello do Porriño, os nenos e as nenas poden participar obradoiros infantís a partir das 17:00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios. No caso de que chova, as actividades transládanse á carpa da Praza do Cristo. Ese mesmo día, ás 18:00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios, os cativos e cativas poderán escoitar o contacontos Elfo en prácticas.
A Salvaterra de Miño chega este venres 27, ás 21:00 horas, a obra “Running, unha suorenta comedia» De Ste Xeito na Casa da Cultura. Trátase dunha actividade que se atopa dentro do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra. Está recomendada para público de máis de 12 anos.
En Baiona, os veciños e as veciñas así como as persoas que se acheguen a este municipio da comarca do Val Miñor poderán contemplar o Belén tradicional en movemento de 09:00 h a 14:00 h no Concello.
Ademais, o Concello organiza no Multiusos de Sabarís un obradoiro creativo de Nadal destinado a nenas e nenos de 6 a 12 anos. A actividade terá lugar de 17:00 a 19:00h. As inscricións están abertas na Concellería de Cultura ou no teléfono 986 38 59 21 en horario de 9:00 a 14:00h. Prazas limitadas.
No mesmo concello, ás 20:00 horas haberá un concerto “Rock Q´Mola”.
No Auditorio Municipal de Mondariz, a partir das 18:30 horas, os e as amantes do cine poderán disfrutar do filme La Navidad en sus Manos.
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 21:0 horas, “A Historia de Santa Claus”. A Banda de música Popular de Tui ofrecerá o seu concerto de Nadal nun espectáculo no que tamén participa o grupo de teatro da Asociación Aloia de Pazos de Reis. Os prezos das entradas son de 5 euros e 3 euros.
A Lingua Somos Todos chega a O Rosal. Emilio Rúa e X.C. Caneiro representan un espectáculo de música, relato e poesía que se encontra no programa NadalEnRede. Os interesados e as interesadas poderán acudir o 27 de decembro ás 19:30 horas a biblioteca municipal. A entrada é de balde.
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, presenta este venres ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal o libro inclusivo ‘Pedro o piloto de gaivotas’ cos seus autores, Manuel Darriba (texto) e Aida Alonso (ilustracións). Eles mesmos dirixirán un obradoiro para os menores de 5 a 9 anos. Non é preciso inscribirse.
A praza Avelino Vicente no Concello da Guarda recibe este venres ás 17:30 horas o espectáculo infantil “As máis molonas” de Pakolas Ilustradas. Un espectáculo no que Laura Romero, ilustradora, debuxará en directo cás cancións e historias de Paco Cerdeira (Pakolas).
Sábado 28 de decembro
O concello de Ponteareas organiza unha Cata de Viños nas Naves de Aceros del Tea. Os interesados e interesadas deberán inscribirse no 673 855 422.
O mesmo día, o Concello de Pontereas organiza a VIII Quedada na nave de Aceros del Tea en colaboración con Reinos del Condado a partir das 16:00 horas.
O Concello do Porriño recibirá o espectáculo infantil de monecreques A filla do cacharulo. A compañía é Títeres Babaluva e actuará ás 17:00 horas no Centro Cultural Municipal. A entrada é libre e de balde ata completar prazas.
O mesmo día no Porriño, na Praza Arquitecto Antonio Palacios, actuará Somoza Trío ás 20:00 horas.
Ademais, as rondallas tocarán polas parroquias. A Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas actuará ás 17:30 horas na Asociación Veciñal e Cultural As Mimosas de Carracido. Posteriormente, ás 18:30 horas, pasarrúas polo centro urbano e Círculo Recreativo Cultural. Finalmente, ás 19:30 horas Asociación Cultural Os Penediños de Atios.
A Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios tocará ás 18:00 horas no Círculo Recreativo Cultural e ás 20:00 horas na Asociación Cultural Os Penediños de Atios.
A Rondalla Santa María do Porriño actuará ás 18:00 horas Círculo Recreativo Cultural e ás 20:00 horas na Asociación Cultural Os Penediños de Atios.
No concello de Arbo, o 28 de decembro ás 10:00 horas, terá lugar La Charanga Navideña no pavillón e se sortearán 3 premios. O prezo 2 euros por participante e os equipos deberán estar conformados por 6 persoas mínimo.
Paralelamente, no Concello de Salceda de Caselas os veciños e as veciñas despedirán o ano cunha festa de Pre-Fin de ano ás 23:00 horas na C.C.S Soutelo. O prezo por persoa é de 5 euros.
Ademais, a Asociación Xuvenil do Entroido A Feira organiza o VII Encontro de Ranchos e Danzas Tradicionais ás 16:30 horas na Praza do Concello de Salceda. Anteriormente, pola mañá, ás 11:30 horas, as e os amantes da música desfrutarán dunha Ruta Musical polos bares Altamira, Caselas, Central e a Tabertenda.
Así mesmo, no Concello de Salceda de Caselas, o Centro Cultural de San Xorxe organiza unha actuación do grupo Play- Backs este sábado 28 de decembro no Centro Cultural San Xorxe e Grupo de Baile de Salón ás 21:30 horas.
Pola tarde, no mesmo municipio, o Centro Cultural e Social Soutelo recibe a actuación do Grupo de Teatro Infantil do C.C.S. Castro Barreiro ás 20:30.
Na comarca do Condado, As Neves celebra o II Pre Fin de Ano na Praza Maior. Actuará DJ Manu Pérez ás 22:00 horas e ás 00:00 horas soarán as campás da Praza Maior que irán acompañadas coas uvas e cotillón.
O Concello de Baiona abre as portas Pickleball no Pavillón Municipal de Baiona de 11:00 a 13:00 horas. As persoas interesadas deberán inscribirse por teléfono ou na recepción do pavillón.
O Concello de Baiona celebra o Concerto de Nadal da Banda de Música de Baiona ás 18:30 horas na Praza do Concello. Ese mesmo día, ás 23:00 horas, tocarán as Badaladas pre fin de ano na rúa do Reloxo.
O Concello de Mondariz organiza a Gran Festa Infantil de Fin de Ano a partir das 17:30 horas na Praza de Abastos, con Dj, animación con xogos, bailes, badaladas, obradoiros, cotillón e a visita de Mickie Mouse.
As tres corais tudenses ofrecerán este sábado, ás 20:00 horas, no Teatro Municipal de Tui o seu Concerto de Nadal. Actuarán a Coral do Centro Sociocomunitario, a Coral Ponte das Febres e a Coral San Telmo. As entradas pódense adquirir aos prezos de 3€ e 1€.
Pola súa banda, o Concello de Crecrente disputará este sábado a 1º Copa Internacional de Loita Olimpica no seu Pavillón Municipal ás 10:00 horas ata ás 14:00 horas.
No concello de Nigrán colaborarán co refuxio de animais da Illa de Tali co seu Paseando Nigrán Solidario o sábado 28 ás 10:00 horas. Para participar hai que inscribirse no seu correo oficinaturismo@nigran.org.
O vindeiro sábado 28 de decembro ás 20:00h Baiona Bay toca no auditorio do Concello de Nigrán no seu concerto de Nadal.
O Concello de Gondomar celebra un espectáculo de maxia ás 18:00 no Auditorio Lois Tobio, no que actuará o Mago Marco. Entrada de balde ata completar aforo.
Na Praza do Seixo no concello de Tomiño actúa Broken Peach no seu concerto de Nadal ás 22.30 h. A entrada é de balde.
Na programación de Nadal da Guarda, actúa o dúo Awen na praza de Avelino Vicente. A sesión vermú comezará ás 12:30 horas, a cargo deste dueto a dúas voces e guitarra para interpretar versións dos mellores temas de rock.
Paralelamente, no mesmo día, o Concello de Covelo proxecta ás 18:30 horas o filme «La Navidad en sus manos«.
Domingo 29 de decembro
O Concello de Ponteareas este domingo organiza o V Encontro de Rancho de Reis ás 18:00 horas no Auditorio Reveriano Soutullo.
Ademais de que haberá un Torneo Solidario de Bádminton no Complexo Álvaro Pino.
O domingo 29, o Concello do Porriño organiza a Carreira de Nadal Concello ás 11:00 horas que sairá dende a praza Arquitecto Antonio Palacios. Inscripcións on- line ata ás 23:00 horas do 27 de decembro.
Ese mesmo día, pola tarde, o Concello organiza un concerto Xeración M ás 18:00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios.
No Concello de Salceda de Caselas ás 12:00 horas, haberá un pasarrúas e pasatabernas chamada Xigantón do Apalpador e Trasnos domésticos do Courel.
A tarde, como espectáculo especial de clausura do seu programa de nadal, o Concello organiza ás 18:00 horas un concerto de rock infantil Pakolas e Laura Romero chamado Cores, fíos e rock and roll.
O domingo 29 ás 11:30 horas polas rúas principais do Concello de Baiona soará o Pasarrúas da Rondalla Santa Eulalia de Mos.
No Auditorio Municipal de Mondariz actuará a Banda de Música Cultural de Mondariz ás 19:30 horas.
Na Igrexa de San Fins de Lougares, Mondariz o teatro comunitario de Lougares representa a obra Historias da Historia Lougariñá ás 18:00 h, creada polos seus veciños e veciñas no marco do segundo Obradoiro de Teatro Comunitario.
Os veciños e veciñas de Lamosa – Covelo organizan a Exposición do Belén. As persoas interesadas o día 29 de decembro dende ás 12:30 horas ata ás 13:30 e de 17:00 a 19:00 horas poderán contemplalo na Casa Cultural da Lamosa.