sábado, diciembre 28, 2024
InicioO PaísLugoO Goberno galego mellora a seguridade da nave de varada do Porto...

O Goberno galego mellora a seguridade da nave de varada do Porto de San Cibrao

A Xunta de Galicia mellorou a seguridade da nave de varada do porto de San Cibrao. Deste xeito, a Administración autonómica, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, deu resposta a unha demanda da Confraría de Pescadores desta localidade mariñá. O obxectivo, segundo explicou o seu responsable, Alfonso Villares, era mellorar o servizo que presta na actualidade a zona portuaria e satisfacer, en paralelo, a petición da frota pesqueira e deportiva.

A actuación, que consistiu na instalación dun peche perimetral e o reforzo estrutural da propia nave, foi supervisada este xoves polo conselleiro. Villares valorou esta iniciativa, xa que contribúe a mellorar as condicións laborais dos usuarios nas tarefas de mantemento das súas embarcacións ou no almacenamento de maquinaria e aparellos de pesca.

Máis investimentos

Esta obra súmase a outras realizadas recentemente na zona portuaria. É o caso do acondicionamento de tres pisos de armadores, que albergan unha ducia de tendas. Dotada con 350.000 euros, esta obra enmárcase na estratexia de Portos de Galicia para mellorar as instalacións portuarias da comunidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS