sábado, diciembre 28, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoLuz verde para a rehabilitación de 17 vivendas de promoción pública en...

Luz verde para a rehabilitación de 17 vivendas de promoción pública en Tui, Ourense, Ribadavia e Viveiro

O Consello da Xunta autorizou esta mañá a licitación das obras de rehabilitación de 6 edificios cun total de 17 vivendas de promoción pública en Viveiro, Ourense, Ribadavia e Tui, cun investimento de máis de 5,9M€.

Estes 6 inmobles foron adquiridos polo Goberno galego no marco do programa Rexurbe co fin de rehabilitalos e pasar a formar parte do parque público de vivendas.

As vivendas froito das rehabilitacións serán adxudicadas en réxime de alugamento social, recorrendo ás persoas inscritas no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia.

Tui, Ourense, Ribadavia e Viveiro

En Tui, as actuacións acometeranse nun edificio para 3 Vivendas de Protección Pública, 3 rochos e 1 local na rúa Bispo Castañón.

En Ourense, as obras levaranse a cabo nun edificio de 5 vivendas de promoción
pública, 5 rochos e 1 local situado na praza Manuel Sueiro, e noutro inmoble na rúa
Pelaio e no caso de Ribadavia, son 5 vivendas, cinco rochos e un local na praza García Boente.

En Viveiro, nas rúas Rosalía de Castro e Fernández Victorio, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acondicionará 2 edificios para 3 vivendas de promoción pública e 3 rochos.

Todos os proxectos cumpren o Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. En concreto, teñen en conta as prescricións sobre eficiencia enerxética, consumo de enerxía non renovable, circularidade e xestión de residuos, que se reflicten no dito decreto.

O Goberno galego, a través destas iniciativas, ademais de incrementar o parque de vivenda de promoción pública na comunidade autónoma, «segue a traballar mediante a rehabilitación e a promoción en núcleos históricos, na rexeneración destas entornas e a fixación de poboación nelas», segundo explican desde a administración autonómica.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS