sábado, diciembre 28, 2024
InicioNewsA provincia de Pontevedra lidera a estadía media dos turistas en Galicia

A provincia de Pontevedra lidera a estadía media dos turistas en Galicia

A Deputación de Pontevedra confirma que «Rías Baixas segue a liderar todos os rexistros turísticos en Galicia e mesmo do norte de España», tal e como indican desde o ente provincial. Neste caso, en novembro a provincia de Pontevedra liderou novamente o ranking de destinos turísticos galegos coa maior estadía media da comunidade, que tamén superou destinos nacionais como o País Vasco, Asturias e Cantabria. Ademais, os datos do Instituto Nacional de Estatística confirman que o turismo estranxeiro segue a medrar na provincia, cun 5,25% máis de visitantes internacionais que en novembro de 2023.

A provincia de Pontevedra recibiu en novembro de 2024 o 32% dos visitantes que acudiron a Galicia ao longo do mes, segundo os datos remitidos ao organismo provincial polo INE. En liñas xerais, o 76% foron persoas procedentes do conxunto de España e o 24% restante procedentes do estranxeiro. Ademais, a ocupación foi do 36%, superior á rexistrada en novembro do 2023.

No que respecta ao mes de decembro a oficina do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, recibiu ata a data preto de 1.000 visitantes, na súa maioría procedentes do territorio español (90,5%), principalmente de Madrid e Barcelona, fronte ao 9,5% de turistas estranxeiros que chegaron desde Portugal, Xapón, Francia e Reino Unido.


مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS