sábado, diciembre 28, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Biblioteca de Tui agasalla aos usuarios co conto “Branca de neve...

A Biblioteca de Tui agasalla aos usuarios co conto “Branca de neve e os sete ananos”

Nestas datas de Nadal, a Biblioteca Municipal de Tui está a agasallar a todos os nenos e nenas de ata 9 anos de idade que retiren un libro en préstamo. O presente é un exemplar da obra clásica dos Irmáns Grimm “Branca de Neve e os sete ananos” adaptada e ilustrada por Ánxeles Ferrer, que vai acompañada dun CD cun audio-conto.

Ánxeles Ferrer posúe unha longa traxectoria como autora e ilustradora de literatura infantil, cunha decena de libros escritos e ilustrados por ela e con máis de vinte obras nas que participa como ilustradora. Na actualidade está centrada na súa actividade como artesá téxtil. Este agasallo é posible grazas á colaboración da autora que ten doado un amplo número de exemplares desta obra á Biblioteca Municipal tudense coa finalidade de contribuír á difusión da lectura entre os seus usuarios máis novos.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade do Concello de Tui, Sonsoles Vicente, agradece á ilustradora Ánxeles Ferrer que novamente este ano teña este xeneroso xesto para todos os lectores e lectoras máis cativas da Biblioteca Municipal tudense ofrecendo unha obra súa como agasallo aos que retiren libros en préstamos a domicilio nestas datas de Nadal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS