viernes, diciembre 27, 2024
InicioO PaísA CoruñaVaca Films finaliza a grabación da longametraxe 'Dímelo bajito', rodada en Galicia 

Vaca Films finaliza a grabación da longametraxe ‘Dímelo bajito’, rodada en Galicia 

A produtora Vaca Films remata a gravación da película Dímelo bajito en Galicia tras sete semanas de traballo en diferentes espazos da Coruña e Lugo. Estas serven de localizacións para esta longametraxe producida para a plataforma Prime Video. Ademais, esta obra conta coa achega de 300.000 euros do fondo de atracción cinematográfica que xestiona a Xunta de Galicia.

O enconro das Forcadas, no concello de Valdoviño, é un dos lugares que serviron de escenario para a película, xunto as contornas naturais nas que se encontran as Fragas do Eume, o Bosque de Ledoño-Celas de Peiro, o encoro de Cecebre e outros espazos de localidades das provincias da Coruña e Lugo, como Bergondo, Outes, Perbes, Ourol ou Viveiro.

Dirixida por Denis Rovira, Dímelo bajito ten o guión de Jaime Vaca baseado na novela homónima de Mercedes Ron. Este drama está protagonizado por Alicia Falcó, Fernando Líndez e Diego Vidales cun elenco que inclúe a Patricia Vico, Andrés Velencoso, Eve Ryan, Fernando Nagore ou a galega Celia Freijeiro, entre outros. Está previsto que se estree en Prime Video en 2025.

O apoio do Goberno galego ao proxecto materialízase a través da liña de axudas á captación de rodaxes, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027. Na súa convocatoria de 2024, este fondo conta cunha dotación de 2.000.000 de euros co obxectivo de promover a proxección o territorio como plató de producións audiovisuais lideradas tanto por empresas galegas como do resto de España e Europa. Ademais, garántese un mínimo de gasto en territorio galego por cada proxecto subvencionado, que é de 1.000.000 de euros no caso das produtoras galegas e de 1.500.000 de euros no das estranxeiras.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS