viernes, diciembre 27, 2024
InicioNewsComarcasRondallas, El Combo Dominicano e chocalate quente gratis para despedir o ano...

Rondallas, El Combo Dominicano e chocalate quente gratis para despedir o ano no Porriño

O Porriño prepárase para despedir o 2024 por anticipado. Un ano máis, o Concello -pioneiro neste evento-  organiza unha xornada, a deste luns 30 de decembro, «cunha chea de actividades para todas as idades», tal e como indican desde a administración local que lidera o alcalde Alejandro Lorenzo.

A festa arrancará xa pola mañá. Ás 11.00 horas dará comezo a Festa infantil na que os máis pequenos serán protagonistas e terán o seu propio pre fin de ano con actividades, animación e pascalles de personaxes infantís. Uxía Lambona e a banda molona, será a encargada de continuar a festa tras as badaladas que soarán ás 12 do mediodía.

Ao redor das 19.00 horas iniciarase a festa grande co pasacalles das tres rondallas locais, a rondallas de Pontellas, Santa Eulalia de Atios e Santa María, que desfilarán polas rúas da vila. A continuación, sobre as 22.00 horas, dará comezo a actuación da orquestra El Combo Dominicano e a  medianoite volverán soar as doce badaladas, da man da xornalista local, Raquel Atanes, e Juan Fuentes, presentadores do programa “Quen anda aí?” da TVG. Haberá uvas, cotillón e chocolate gratuíto para todos os asistentes e unha sesión dj que promete pechar a noite ao grande. 

“Desde o Concello convidamos á veciñanza e tamén a todas as persoas de fóra que así o desexen, a acudir a Porriño a festexar xuntos de maneira anticipada o fin do ano 2024 e o recibimento do aninovo, unha cita convertida xa en tradición en Porriño”, sinala o alcalde Alejandro Lorenzo asegurando que se manterá sempre no calendario festivo e cultural do Concello.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS