O tenente de alcaldesa, Juan Carlos González Carrera, repasa temas da actualidade do Concello de Ponteareas nos micrófonos azuis de Si Radio de Galicia. Explica que «si que consensuamos con profesionais o proxecto da pista de atletismo» e pide «que non se faga política con isto porque se trata dun investimento importante para a localidade». Ademais, reafírmase en que «o saneamento chegará a todas as parroquias de Ponteareas».
Podes escoitar a entrevista completa aquí: