As provincias de Pontevedra e Ourense agardan tempo estable para esta fin de semana, sen probabilidade de choivas e con intervalos de sol e nubes. Pola contra, hai posibilidade de pequenas precipitacións nas provincias da Coruña e Lugo, así como no norte da provincia de Pontevedra durante as xornadas do sábado e domingo, segundo informa Meteogalicia.
Do mesmo xeito, a zona sur de Pontevedra acadará temperaturas mínimas de 3 e 4 graos, mentres que as máximas serán próximas aos 13 e 14 graos. En Ourense, mantéñense as mínimas, mentres que as máximas poderán chegar a 16 graos.
A provincia da Coruña manterá as súas temperaturas durante toda a fin de semana entre os 8 e os 15 graos. Pola contra, a provincia de Lugo alcanzará mínimas de 1 grao e máximas de 10.