viernes, diciembre 20, 2024
InicioO PaísA Coruña'La Vuelta' volve ás comarcas do sur de Pontevedra no mes de...

‘La Vuelta’ volve ás comarcas do sur de Pontevedra no mes de setembro

Galicia volve a ser punto de paso para ‘La Vuelta’. A comunidade galega contará con tres etapas nesta 80 edición desta proba ciclista que atravesa todo o país. As etapas galegas que formarán parte desta nova edición serán a 15ª (Vegadeo – Monforte de Lemos), a 16ª (Poio – Mos. Castro de Herville) e a 17ª (O Barco de Valdeorras – Alto de El Morredero. Ponferrada). As etapas disputaranse entre o 7 e o 10 de setembro.

A etapa 16ª (Poio – Mos. Castro de Herville), que terá lugar o martes 9 de setembro, será a encargada de percorrer as comarcas do sur de Pontevedra. Deste xeito, pasará polos concellos de: Pontevedra, Arcade, Pazos de Borbén, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui, Baiona, Tomiño e Mos. A etapa contará cun total de 172 quilómetros e contará con catro portos de montaña, cun pico máximo de 623 metros.

Pola súa banda, a etapa 15ª ao seu paso por Vegadeo – Monforte de Lemos contará con 167 quilómetros de perrcorrido mentres que a etapa 17ª (O Barco de Valdeorras – Alto de El Morredero. Ponferrada) contará con 137.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS