O inverno boreal chegará este sábado 21 de decembro ás 10:21 horas. Esta nova estación o prolongarase ata as 10:00h horas do 20 de marzo de 2025, dando paso á primavera.
Remata deste xeito outro outono chuvioso na comarca compostelá, semellante ao do ano anterior, no que a cantidade total de precipitación recollida no Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC nestes últimos tres meses foi de 771,5 litros/m2 (94,7 nos oito últimos días de setembro, 409,4 en outubro, 140,3 en novembro, e 127,1 en decembro).
O inverno é a estación de menor duración no emisferio norte, contando con 88,99 días, fronte aos 89,86 días do outono, 92,74 da primavera e os 93,65 do verán. Ademais, o inicio do inverno marca o día máis curto do ano que terá unha duración de pouco máis de 9 horas en Galicia. Pola contra, as tardes comezaron a medrar dende o pasado 7 de decembro, mentres que as mañás seguirán minguando ata o 6 de xaneiro.