O SEPRONA da Garda Civil de Tui investiga aos responsables de tres empresas do sur da provincia, por un presunto delito de falsidade documental. A mediados de agosto deste ano, tense coñecemento de que un camión dunha empresa do Rosal transporta residuos desde O Rosal cara a Oia. Na carga do camión hai unha mestura de residuos, tales como, plásticos, rodas de vehículo, botes plásticos… mesturados con RCDs (residuos de obra, construción e demolición).
Tras efectuar as indagacións oportunas corrobórase que nese mes realizáronse varios transportes desde O Rosal cara a Oia. Ademais, esta carga levaba mesturados residuos de construción con outra clase de residuos como plásticos variados, así como residuos domésticos. Para isto utilizábanse dous camións, un dunha empresa situada no Rosal e o outro dunha situada en Oia. Continuando coa investigación sitúase a orixe das verteduras nun baixo do Rosal, que foi adquirido este ano por parte dunha das empresas. Así mesmo, localízase a parcela onde se vertieron as cargas transportadas en Oia, verificando que é propiedade do mesmo.
Polo exposto, os axentes instrutores inician unha investigación para o esclarecemento dos feitos, entrevístanse co transportista. Este presenta documentos que xustifican a entrega e xestión dos residuos retirados do baixo do Rosal a unha empresa que se dedica á xestión de residuos situada en Gondomar. Posteriormente presentan outros documentos que amparan tamén o traslado de residuos retirados desde o seu baixo no Rosal á mesma planta xestora de residuos.
Investigación das tres empresas por falsidade documental
Ao sospeitar que se puidese tratar de documentos irregulares emitidos pola empresa xestora, coa finalidade de xustificar a correcta entrega e xestión dos residuos, solicítase informe técnico dos documentos emitidos e presentados ao Servizo de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia. Este organismo, competente na xestión/tratamento de residuos, considera que os documentos non son válidos, incumprindo os requisitos esixidos na lexislación en materia de residuos.
En base todos estes feitos, e á inspección ocular realizada na parcela da vertedura, procédese á investigación das tres empresas por un suposto delito de falsidade documental por emitir e presentar documentos que amparaban a correcta xestión dos residuos cando en realidade foran eliminados mediante vertedura nunha parcela de Oia.
Como consecuencia da intervención realizada polo SEPRONA o propietario do terreo onde foron vertidos os residuos procedeu á retirada e xestión de 232 toneladas dos mesmos. Así mesmo tamén se formularon denuncias á Lei de Residuos e á Lei de Augas por realizarse a vertedura dentro dunha parcela que se atopa dentro da zona de policía dun regacho que discorre próximo. Na realización do servizo contouse co apoio do Servizo de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia e axente do Servizo de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.