viernes, diciembre 20, 2024
InicioNewsO PaísA Deputación de Pontevedra destinará 10.000 euros aos afectados pola DANA de...

A Deputación de Pontevedra destinará 10.000 euros aos afectados pola DANA de Valencia

A Deputación de Pontevedra aproba destinar os 10.000 euros do fondo de solidariedade provincial deste ano para apoiar aos afectados pola DANA en Valencia. Así o confirmou hoxe o presidente provincial, Luis López. Así mesmo, fixo fincapé na importancia de «poñer o noso gran de area para a recuperación desta enorme traxedia, a peor DANA do século XXI” con aportacións como esta, que supón toda a partida do fondo de solidariedade.

López lembrou que o goberno provincial “púxose desde o primeiro minuto a disposición para axudar aos afectados pola catástrofe”. Ademais, nos primeiros días desprazouse un destacamento do consorcio provincial de Bombeiros. Tamén asegurou que “Practicamente desde entón establecemos contactos para empregar esta partida anual nos afectados da peor DANA do século. Esta catástrofe cobrou a vida de máis de 220 persoas”.

Agora, o goberno provincial dá un paso máis con estes 10.000 euros que veñen de ser aprobados nas Comisións Informativas, cos votos favorables do PP e BNG e a abstención do PSOE, para contribuír ao fondo de solidariedade provincial que a Deputación de Valencia puxo en marcha co obxectivo de axudar aos municipios e cidadáns a artellar as doazóns recibidas, compensar aos afectados, e financiar proxectos de reconstrución, sempre coa máxima transparencia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS