jueves, diciembre 19, 2024
InicioNewsActualidadeTui acollerá un curso para persoas que desexen abandoar o tabaco

Tui acollerá un curso para persoas que desexen abandoar o tabaco

O Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC), organiza un curso de deshabituación tabáquica, orientado para aquelas persoas que desexen deixar de fumar. A iniciativa está levada a cabo a través do departamento de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui.

O curso trátase dun programa de axuda específica e personalizada que ten como finalidade facer fronte ao complexo proceso de abandono do tabaco para as persoas fumadoras. No programa poderán participar un máximo de 14 persoas e está dirixido a maiores de 18 anos.

A formación constará de nove sesións cunha duración de hora e media cada unha e se impartirán en horario de tarde. No mes de xaneiro terá lugar unha primeira entrevista coa terapeuta, comezando o curso a última semana do mesmo mes. A terapia brindará apoio técnico, consellos, compañía e recompensas.

O prazo de inscrición xa está aberto e as persoas interesadas pódense inscribir presencialmente nas dependencias de Servizos Sociais situadas na casa do Concello, a través do correo paula.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS