jueves, diciembre 19, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra de Miño aproba o III Plan Municipal de Igualdade de Mulleres...

Salvaterra de Miño aproba o III Plan Municipal de Igualdade de Mulleres e Homes

O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar este xoves o III Plan Municipal de Igualdade de Mulleres e Homes de Salvaterra de Miño. O obxectivo é seguir avanzando cara a un municipio máis igualitario. Unha acción financiada pola Deputación de Pontevedra, a través da liña de axudas para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, e o propio Concello de Salvaterra de Miño.

Este plan, promovido pola concellería de Igualdade, é un plan de traballo para os vindeiros catro anos. Ademais, conta con oito ámbitos de actuación referentes a educación, cultura, formación, saúde, deporte, seguridade ou urbanismo. Ten como obxectivo implicar a entidades sociais, económicas, da cultura, o deporte e en xeral a toda a sociedade.

O III Plan Municipal de Igualdade marca a liña de traballo xa iniciada en favor e para contribuir a eliminar as desigualdades, en contra da violencia de xénero e en defensa dos dereitos das mulleres. Ademais constan medidas de igualdade, xestión, comunicación, con formación a través de obradoiros e seminarios que forman parte do plan durante os catro anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS