O Concello do Porriño prepárase para recibir, de forma anticipada, o novo ano 2025 tal e como vén sendo habitual no municipio coa Festa de Pre-Fin de Ano. O evento terá lugar na Rúa Domingo Bueno o luns 30 de decembro.
O evento dará comezo a primeira hora da mañá, coa festa de Pre-Fin de Ano Infantil ás 11:00h coas posteriores Badaladas Infantís a partir das 12:00h.
Será a partir das 19:00h cando comezará a festa para os adultos que se inaugurará co pasarrúas das rondallas. A partir das 22:00h actuará a Orquesta El Combo Dominicano, e será a media noite, ás 00:00h cando se dé paso ás tradicionais badaladas, con uvas e cotillón. A partir da 1:00h da madrugada haberá sesión DJ.