miércoles, diciembre 18, 2024
InicioA terraA nosa culturaSeleccionados os nove participantes do XV Festival Internacional de Xardíns de Allariz

Seleccionados os nove participantes do XV Festival Internacional de Xardíns de Allariz

O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz vén de reunirse co fin de seleccionar os nove proxectos que formarán parte da XV Edición, que terá como lema «Cambio Climático: unha oportunidade para o xardín».

O comité, composto por expertos en paisaxismo, enxeñería agraria, urbanismo e representantes do Concello de Allariz, avaliou un total de 32 propostas chegadas desde diferentes partes do mundo, de ámbito nacional e internacional. Ademais, nesta última reunión anunciouse a incorporación da Asociación Galega de Empresasa de Xardinería (AGAEXAR) ao xurado do certame.

Finalmente, foron nove os proxectos seleccionados e que compartirán o recinto do festival co xardín gañador do público da pasada edición, o xardín creado polos centros educativos de Allariz e o xardín recoñecido co premio técnico pola Asociación Española de Paisajistas (AEP).

“Este evento é moito máis que un conxunto de xardíns: é unha ferramenta para promover a sostibilidade, a dinamización económica e a mellora da calidade de vida no noso concello. A temática deste ano axúdanos a reflexionar sobre como os xardíns poden ser un espazo de innovación e oportunidade fronte ao cambio climático”, explicou a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid.

Do mesmo xeito, Francisco Caldeira Cabral, presidente do xurado, eloxiou a calidade das propostas presentadas este ano. “Foi un proceso de deliberación enriquecedor e con debates que puxeron de manifesto a importancia de integrar a creatividade coa funcionalidade e os retos ambientais”, sinalou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS