Sobre 20 traballadores e traballadoras do Concello de Tomiño manifestáronse este mércores diante da casa consistorial co obxectivo de pedirlle ao goberno municipal, que lidera a nacionalista Sandra González, «salarios dignos» e «un proceso de negociación«.
E é que os traballadores e as traballadoras solicitan que se abra un proceso de negociación co fin de que se lle recoñeza o labor que realizan na administración local e que a retribución se sitúe acorde ás súas tarefas, segundo puido saber Si Radio de Galicia.